Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Obradoiro Virtual: Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital

Obradoiros

27-03-2023 ata: 01-05-2024

Prezados membros da comunidade universitaria:

Achegamos desde a Oficina de Proxectos Internacionais (OPI)  información sobre a organización do 'Obradoiro Virtual: Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital', que terá lugar os días 18 e 20 de abril de 2023.

https://opi.uvigo.gal/area-educacion/xornadas-formativas/ 

Esta actividade formativa gratuíta está organizada e financiada pola cátedra europea Jean Monnet: European Institutions and Citizens: Adapting the EU to the digitalisation challenges.

O obxectivo xeral deste obradoiro consiste en iniciar aos/ás participantes na elaboración e xestión de proxectos para concorrer a convocatorias promovidas pola UE. Combina a achega duns mínimos contidos teóricos co tratamento de situacións prácticas. Deste xeito, agárdase aumentar as habilidades e capacidades profesionais dos/as participantes, incrementando así as posibilidades de emprego nun eido con alta demanda.

Contidos:

  1. Introdución: Unión Europea e políticas públicas.
  2. Aspectos básicos da elaboración e xestión de proxectos europeos. As plataformas dixitais.
  3. Pasos clave para a formulación de proxectos na contorna dixital.
  4. ¿Como elaborar e presentar unha proposta europea?.
  5. Consideracións finais: recomendacións e consellos.
Impartido por Celso Cancela e Eva Garea no Campus Remoto da UVigo. Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772

Período de matrícula: 17/03/2023 19:08 - 18/04/2023 14:00.

Duración: 5 horas. Martes 18 e xoves 20 de abril de 2023. Horario: 16.00-18:30.
Inscrición: https://bubela.uvigo.es/curso/5057
Público destinatario: Estudantes universitarios (Dirección e Xestión Pública, Dereito, Economía, ADE, etc.), empregados públicos e interesados en xeral.

Esperamos que esta información sexa do seu interese.

Eva Garea Oya.
Directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación.
Oficina de Proxectos Internacionais.
Universidade de Vigo.