Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Curso de LIDAR terrestre (láser escáner)
- Data de impartición do curso: 15-03-2023, 16-03-2023
- Duración: 15 horas (Horario: 9:30 AM-5:30 PM)
- Lugar: Torre CACTI
Programa
- Descrición do instrumento Trimble SX10
- Tecnoloxía do instrumento Trimble SX10
- Batería e cargadores
- Tableta de control Trimble TSC7 e Trimble Access
- Configuración do LIDAR SX10
- Conexión ao LIDAR SX10
- Crear un traballo
- Iniciar un levantamento topográfico
- Medir puntos
- Realizar escaneos en 3D
- Exportación das nubes de puntos
- Postproceso dos modelos en 3D con Trimble Business Center (TBC)
Data límite para presentación das solicitudes: 14-03-2023 @ 4:00 PM
Solicitudes no acceso a LIMS: https://lims.uvigo.es:8000/SitePages/home.aspx
Para información do curso e dúbidas sobre Acceso a LIMS: ramiro@uvigo.es / 986818632
Tarifas:
- TARIFA A: 88 € (como norma xeral, aplicarase aos/ás usuarios/as que pertenzan á Universidade de Vigo).
- TARIFA B: 168 € (como norma xeral, aplicarase a usuarios/as doutros organismos públicos de investigación).
- TARIFA C: 168 € (como norma xeral, aplicarase a usuarios/as de empresas ou centros de investigación privados).
Desconto do 50 % para persoas desempregadas inscritas no paro e para o alumnado matriculado en programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
O diploma do curso entregarase ao finalizar.
Fotos do LIDAR do CACTI escaneando diversos obxectos:
- Hórreo de San Martiño de Vilaboa: https://youtu.be/tcigtQjzRk8
- Muralla do Castelo de Baiona e petróglifo da "Auga da Laxe": https://ramalvclav.wordpress.com/2022/02/07/castle-wall-and-petroglyph/
- Modelado 3D do CINTECX (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos da UVigo): https://ramalvclav.wordpress.com/2022/07/14/cintecx-in-3d-from-lidar/
- Museo do mar da Guarda (reconstrución da Atalaia de 1665): https://ramalvclav.wordpress.com/2021/10/06/atalaia-fort-in-3d/
- Barco nun asteleiro de Vigo: https://ramalvclav.wordpress.com/2020/09/21/boat-under-construction/
O equipo LIDAR poderá solicitarse ao CACTI en réxime de de autoservicio por usuarios internos (vinculados á Universidade de Vigo) que realizasen o curso e que como mínimo sexan alumnos de doutoramento. O curso de GPS é necesario para o autoservizo do sistema LIDAR (persoas que xa fixeron o curso LIDAR ou teñan intención de facelo).
- Ramiro@uvigo.es
- 986818632
- https://webs.uvigo.es/ramiro/