Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

I Ciclo de Formación en liña Scopus 2023 (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

20-03-2023 ata: 24-03-2023

A Biblioteca informa que entre o 20 e o 24 de marzo terá lugar o I Ciclo de Formación en liña de Scopus 2023 organizado por FECYT en colaboración con Elsevier. As xornadas son gratuitas e en español.

Xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

A formación estrutúrase en dez sesións distintas e independentes entre sí, que revisarán varios aspectos:

  1. Introdución a Scopus.
  2. Scopus: búsqueda por materia.
  3. Scopus: perfil de autor e institucións.
  4. Scopus: métricas.
  5. Scopus: Cite Score.
  6. Scopus: sources e comparación de revistas.
  7. Scopus: busca avanzada.
  8. Scopus: traballando cos resultados.
  9. Máis alá de Scopus: aproveitando os recursos de Scopus.
  10. Scopus: Pregunta & Respuesta-LibGuide: onde se resolverán as dudas que xurdiran durante as sesións anteriores.

Poden atopar a convocatoria completa e facer a inscrición na seguinte ligazón: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/i-ciclo-formaci%C3%B3n-online-scopus-20-24-de-marzo-de-2023

As formacións celebraranse a través da ferramenta Go to Webinar e poderán seguirse no PC ou no móbil instalando a aplicación gratuíta GotoMeeting.

Días despois das xornadas de formación, os organizadores enviarán as persoas asistentes unha enquisa de satisfacción e un certificado de asistencia que conterá todas as sesións ás que se asistiu e onde respondera ao 100% das cuestións expostas pola formadora durante a sesión en directo.

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:

Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria de Vigo
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal