Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resultado sorteo vogais comisións prazas OEP 2021 e 2022 de prazas de PCD, PTU E CATEDRÁTICO/A de Universidade

Información ao PDI

02-03-2023 ata: 29-12-2023

ACORDO DA COMISIÓN DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA E PROFESORADO DE 23 DE
FEBREIRO DE 2023 SOBRE O SORTEO DA ORDE DOS VOGAIS DAS COMISIÓNS DE
SELECCIÓN DOS CONCURSOS DE ACCESO DE PRAZAS DE PROFESOR/A
CONTRATADO/A DOUTOR/A, PROFESOR/A TITULAR DE UNIVERSIDADE E DE
CATEDRÁTICO/A DE UNIVERSIDADE CORRESPONDENTES ÁS OFERTAS DE EMPREGO
PÚBLICO DOS ANOS 2021 E 2022
Na Comisión de Organización Académica e Profesorado do 23 de febreiro de 2023, tivo lugar
o sorteo da orde dos vogais das comisións de seleccións dos concursos de acceso propostas
polos departamentos, das seguintes prazas:
- 25 prazas de profesor/a Contratado/a Doutor (OEP de 2022).
- 31 prazas de profesor/a Titular de Universidade (4 pazas da OEP de 2021 e 27 prazas da
OEP de 2022).
- 36 prazas de Catedrático/a de Universidade (24 prazas da OEP de 2021 e 12 prazas da
OEP de 2022).
- 2 prazas de profesor/a Titular de Universidade correspondentes ao 15% da oferta de
emprego público de 2021 destinadas ao persoal investigador doutor que estea contratado
polo programa "Ramón y Cajal", finalice o seu contrato no 2023, obtivera o certificado I3 e
dispoña da acreditación na categoría correspondente (OEP de 2021).
Unha vez celebrado o sorteo, a COAP toma o seguinte ACORDO:
Os vogais titulares e suplentes das propostas das comisións de selección enviadas polos
departamentos, terán a seguinte orde:
Vogal titular 1, o que figura na proposta como vogal 6
Vogal titular 2, o que figura na proposta como vogal 3
Vogal titular 3, o que figura na proposta como vogal 4
Vogal suplente 1, o que figura na proposta como vogal 1
Vogal suplente 2, o que figura na proposta como vogal 5
Vogal suplente 3, o que figura na proposta como vogal 2
Vigo, 2 de marzo de 2023
O presidente da COAP
Alfonso Lago Ferreiro