Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso de xeración de ortomosaicos e modelos dixitais do terreo en 3D con drones

Información ao PDI

01-03-2023 ata: 02-03-2023

Curso de xeración de ortomosaicos e modelos dixitais do terreo en 3D con drones

  • Data do curso: 1-2 de marzo de 2023
  • Duración: 15 horas (Horario: 9:30 AM-15 PM)
  • Lugar: Torre CACTI e zona de voo exterior
  • Data límite de presentación de solicitudes: 28-02-2023 ás 15:00 h.

PROGRAMA DO CURSO

  • Introdución á tecnoloxía dos drones, tipos de drones e os seus compoñentes
  • Descrición dos sistemas de drones (UAS) utilizados no curso, mando a distancia e software de control de voo
  • Planificación de voos xerando "waypoints" DGPS da área de interese
  • Traslado á zona de voo (a zona e o día poden variar dependendo das condicións meteorolóxicas: vento, choiva, etc.)
  • Colocación de marcas no terreo, medicións DGPS dos GCP (puntos de control terrestre) con DGPS do Servizo de Teledetección (acceso NTRIP a correccións diferenciais da base GPS do Instituto Xeográfico Nacional)
  • Voo de drone con captura de imaxes do terreo
  • Extracción de fotos do drone e parámetros de voo (ángulos de Euler e coordenadas DGPS)
  • Introducir os datos no software de procesamento (Pix4Dmapper)
  • Xeración do modelo dixital do terreo (DTM) e creación de mosaicos ortorectificados (ortofotos)
  • Exposición doutros casos prácticos de mostra para analizar: xacemento arqueolóxico, canteira, campus, etc.
  • Dúbidas e preguntas.
     

Tarifas:

  • TARIFA A: 88 € (por norma xeral, aplicarase aos usuarios pertencentes á Universidade de Vigo).
  • TARIFA B: 168 € (por norma xeral, aplícase aos usuarios de organismos públicos de investigación).
  • TARIFA C: 168 € (por norma xeral, aplícase aos usuarios de empresas ou centros privados de investigación).

Desconto do 50% para persoas desempregadas inscritas no paro e para o alumnado matriculado en programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
 

Acceso a LIMS: https://lims.uvigo.es:8000/SitePages/home.aspx
 

Para información sobre o curso e dúbidas sobre o Acceso a LIMS: ramiro@uvigo.es / 986818632
 

O diploma do curso entregarase ao finalizar

 

Exemplos de voos de drone realizados polo Servizo de Teledetección do CACTI: