Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Sorteo vogais comisións selección PCD, PTU e CU

Información ao PDI

18-02-2023 ata: 28-02-2023

Estimado profesorado, 

Comunicamos que na próxima COAP do xoves, 23 de febreiro de 2023 sobre as 10:20 h, na Sala de reunión da Vicerreitoría de Profesorado, Docencia e Titulacións (terceiro andar do edificio Ernestina Otero), terá lugar o sorteo público da orde dos vogais das comisións de selección dos concursos de acceso de prazas de Profesorado Contratado Doutor (OEP 22), Profesorado Titular de Universidade (OEP 21 e 22) e de Catedráticos/as de Universidade (OEP 21 e 22).

Así mesmo, infórmase que tamén poderase seguir o dito sorteo a través da Sala 10 da Reitoría no Campus Remoto da Universidade de Vigo, no enderezo electrónico seguinte:

https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999904116

No apartado correspondente a “Acceso estudantado” encherase o “Nome” co nome e apelidos de cada un (aos efectos de poder computar a asistencia virtual), e o apartado “Contrasinal” coa seguinte: 1KxVHD

Pulsarase de seguido en ¨Acceder” e seguiranse as instrucións correspondentes. Conectarase a cámara, cando o presidente o así solicite, unicamente aos efectos de poder proceder á identificación de cada membro.

Debido a que a hora indicada anteriormente é estimada, as persoas interesadas terán acceso no momento en que se proceda a realizar o sorteo.