Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

DOCS DO MES (febreiro) VIGO

Información cultural

13-02-2023 ata: 13-02-2023

Ola, bo día

Froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e o Cine Clube Lumiere, En Vigo  estamos a proxectar os documentais de DOCS DEL MES: https://docsbarcelona.com/es/docs-del-mes

O documental deste mes é “Unha viaxe de mármol” de Sean Wang 2021.

A sesión será o luns 13 de febreiro, ás 19:00h, no Auditorio Municipal de Vigo. (Auditorio Municipal Pz. do Rei S/N 36202 Vigo (Pontevedra))

Acceso gratuito para a comunidade universitaria da Uvigo e persoas asociadas  do Lumiére. 2 euros para o resto do público.

 

UNHA VIAXE DE MÁRMORE 

  (2021, 99’, Paises Baixos, RAE de Hong Kong, Francia e Grecia)

 

Sinopse

Bloques de mármore dunha canteira de Grecia viaxan en barco a China para ser convertidos en esculturas e columnas de estilo grego por hábiles artesáns chineses. O mármore sobrante convértese en pequenos recordos con imáns de neveira e envíanse de volta a Grecia para venderllelos aos turistas chineses. O cineasta Sean Wang constrúe unha épica memorable cun poder visual exasperante. Unha viaxe alucinante pola ruta do mármore, divertida e reveladora. Unha reflexión humorística sobre a autenticidade, a tradición, as relacións internacionais e o esperpento da economía global.

 

Ficha técnica

Dirección: Sean Wang

Son: Jeroen Goeijers

Distribución: DocsBarcelona Distribution

Produción: Jia Zhao, Zijian Wang

Coprodución: Valérie Montmartin, Rea Apostolides

Fotografía: Xiao Xiao, Carles Muñoz Gómez-Quintero, Sean Wang

Montaxe: Tao Gu, Claudio Hughes, Sean Wang

Cor: Fu Shu

 

Saúdos e grazas por difundir