Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web

Formación de Profesorado

11-01-2023 ata: 11-01-2023

Comunicámoslle que o mércores 11 de xaneiro ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición para o curso Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web.

Trátase dun curso de 20 horas impartido en modalidade virtual síncrona.

Calendario:

Desenvolverase os días 1, 6, 8, 13 e 15 de febreiro de 16 a 19 horas.

Sistema de avaliación:

Para a superación da actividade será necesario asistir ao 80% das sesións virtuais síncronas e superar as tarefas que se soliciten.Pode ler o programa do curso aquí

Importante:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.