Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Entra en funcionamento o novo buscador da Biblioteca

Biblioteca

22-12-2022

Xa está accesible o novo Perseo, o buscador que substitúe ao antigo catálogo bibliotecario e facilita unha procura integrada nos recursos bibliográficos impresos e dixitais dispoñibles na Biblioteca Universitaria, así como noutros recursos alleos.  Grazas á súa interface única, Perseo permite buscar no catálogo e nos recursos electrónicos da biblioteca, nas bibliografías recomendadas, no repositorio Investigo e en recursos de acceso aberto. O acceso pode facerse directamente desde o enderezo https://perseo.uvigo.gal  ou desde o apartado "Atopar información" da páxina web da Biblioteca, na que tamén se pode atopar unha guía de uso de Perseo.

Por agora o novo Perseo está en fase beta, de xeito que é posible que, nalgunhas ocasións, se produzan erros ou incidencias de funcionamento. Solicitamos que, en caso de experimentar un destes erros ou incidencias, o comuniquedes a soporteperseo@uvigo.gal  o máis axiña posible.

O antigo catálogo continuará estando dispoñible ata o 28 de febreiro de 2023 para que as persoas usuarias que o desexen poidan descargar o seu historial de préstamos de libros.  Este historial do anterior catálogo non vai estar dispoñible no novo Perseo. Engadimos unha guía en formato vídeo e en formato presentación coas instrucións para recuperar este historial.