Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

DECLARACIÓNS INTERESE PROGRAMAS DOUTORAMENTO CURSO 24/25

Información xeral

29-11-2022 ata: 31-12-2022

Como parte do procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións para o curso 2024-2025 indicado no  Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2024/2025  (aprobado no Consello de Goberno  o 31 de outubro de 2022), comunícase que están colgadas na páxina web para difusión á comunidade universitaria as declaracións de interese para a verificación/modificación dos seguintes programas de doutoramento:

VERIFICACIÓN:

  • Programa de Doutoramento en Contabilidade
  • Programa de Doutoramento en Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas

 

MODIFICACIÓN:

  • Programa de Doutoramento en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria
  • Programa de Doutoramento en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables

 

Poden consultarse no seguinte enlace:

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions

no apartado ESTUDAR/QUÉ ESTUDAR/IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando TITULACIÓNS DE DOUTORAMENTO e pinchando no curso 2024/2025

 Para calquera dúbida, poden dirixirse aos seguintes teléfonos e correos electrónicos:

 Para máster e programas de doutoramento:

verifica@uvigo.es

Tlf.: 986 130 283