Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

DECLARACIÓNS DE INTERESE MODIFICACIÓN/VERIFICACIÓN TÍTULOS CURSO 24-25

Información xeral

28-11-2022 ata: 31-12-2022

Como parte do procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións para o curso 2024-2025 indicado no  Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2024/2025  (aprobado no Consello de Goberno  o 31 de outubro de 2022).

Comunícase que están colgadas na páxina web para difusión á comunidade universitaria as declaracións de interese para a VERIFICACIÓN/MODIFICACIÓN dos seguintes títulos de máster:

VERIFICACIÓN:

  • MU en Criminoloxía
  • MU en Economía Circular
  • MU en Innovación Educativa
  • MU en Realidade Estendida
  • MU en Ciencia do Exercicio, Preparación Física e Readaptación Deportiva
  • MU en E-Government e Transformación Dixital
  • MU en E-health
  • MU en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua
  • MU en Prevención e Tratamento das Drogodependencias e Condutas Adictivas

 

MODIFICACIÓN:

  • MU en Estudos Ingleses Avanzados e as súas aplicacións
  • MU en Lingüística Aplicada
  • MU en Tradución Multimedia
  • MU en Enxeñaría de Minas
  • MU en Enxeñaría Informática
  • MU en Enxeñaría de Telecomunicación

 

Pode consultarse no seguinte enlace:

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions

no apartado ESTUDAR/QUÉ ESTUDAR/IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando TITULACIÓNS DE MÁSTER e pinchando no curso 2024/2025

 Para calquera dúbida, poden dirixirse aos seguintes teléfonos e correos electrónicos:

 Para máster e programas de doutoramento:

verifica@uvigo.es

Tlf.: 986 130 283