Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
10ª Convocatoria IACOBUS – ESTADÍAS DE INVESTIGACIÓN
Bolsas e axudas
17-11-2022 ata: 16-12-2022Comunícolle que está publicada a 10ª convocatoria do programa IACOBUS que permite realizar estadías en institucións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal participantes no programa.
A convocatoria e os documentos necesarios pódense consultar na seguinte ligazón:
Prazo de presentación de solicitudes: do 15 de novembro ao 16 de decembro 2022.
As estadías deberán realizarse entre o 1 de marzo e o 31 de xullo de 2023.
Deberá dirixirse a internacional@uvigo.gal para solicitar a firma do anexo I (carta de aceptación da institución de destino, no caso de mobilidades entrantes) ou do anexo II (carta de autorización para mobilidades saíntes), debidamente completado e en formato PDF. O datos da persoa representante son: María Isabel del Pozo Triviño, Vicerreitora de Internacionalización.
No caso do PDI, se for seleccionado/a, deberá manter a relación contractual coa UVigo no momento de realizar a estadía e deberá solicitar o permiso correspondiente antes de iniciala.
No caso do PAS, se for seleccionado/a, deberá manter a relación contractual coa UVigo no momento de realizar a estadía e deberá obter a autorización previa e expresa da Xerencia antes de iniciala.