Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Publicación da convocatoria Erasmus+ Estudos KA131_2023-24
Bolsas e axudas
16-11-2022 ata: 09-12-2022Publicouse a convocatoria de prazas e bolsas Erasmus+ Estudos, KA131, para o curso 2023-24.
As bases da convocatoria e os anexos poden consultarse no portal de bolsas,.
O prazo de presentación de solicitudes comezará mañá, día 17 de novembro e finalizará o 9 de decembro de 2022.
A solicitude realizase a través do Portal de mobilidades saíntes a través da ligazón https://uvigo.moveon4.de/form/60c38279ac1c46496e1da6e4/glg.
Só se poderá presentar unha solicitude por estudante polo que non deberá premerse o botón de enviar ata revisar os datos e asegurarse de que a elección e a orde de prelación dos destinos é a correcta.
Para dar difusión á convocatoria e tratar de resolver as dúbidas que en canto ao procedemento poida ter o alumnado, organizáronse tres sesións informativas:
| 
 Campus  | 
 Data  | 
 Lugar  | 
 Hora  | 
| 
 Pontevedra  | 
 22 de novembro  | 
 Salón de actos. Facultade de Fisioterapia Campus a Xunqueira  | 
 14:00 h  | 
| 
 Vigo  | 
 23 de novembro  | 
 Salón de actos. Facultade de CC. Económicas e Empresariais Campus Lagoas-Marcosende  | 
 14:00 h  | 
| 
 Ourense  | 
 24 de novembro  | 
 Aula Magna. Facultade de CC. Empresariais e Turismo Campus As Lagoas  | 
 14:00 h  | 
Saúdos