Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Plan Corresponsables - Actividades deportivas

Deporte e benestar

25-11-2022 ata: 26-11-2022

No que queda de mes de novembro e na primeira semana de decembro mozos e mozas de entre 6 e 16 anos e familias con fillos e fillas ata 16 anos poderán seguirán participando de balde nas actividades que a Universidade de Vigo organiza ao abeiro do Plan Corresponsables.

As actividades que a Área de Benestar, Saúde e Deporte da UVigo programou céntrase, por unha banda, na iniciación ao deporte para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, e pola outra, na práctica deportiva en familia con nenos e nenas ata 16 anos. As persoas interesadas poden inscribirse para participar nas actividades a través do Campus Activo - Listaxe actividades (uvigo.gal).

Actividades para a vindeira semana:

 

Ourense

Xornada de Xogos Populares: domingo 27 pola mañá

Pontevedra

Xornada de Xogos Populares: sábado 26 pola mañá 

Clinic de Salvamento, Natación e Xogos Acuáticos: sábado 26 pola tarde

Vigo 

Escalada: sábado 26 pola mañá 

Iniciación ao surf: sábado 26 pola tarde

Xornada "achégate ao cabalo": domingo 27 pola mañá

Familias monomarentais e monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos, unidades familiares nas que existan cargas relacionadas cos coidados e familias que pertenzan á comunidade universitaria, son os colectivos que terán preferencia á hora de inscribirse para participar nas actividades que a UVigo programou ao abeiro do Plan Corresponsables