Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

A Universidade de Vigo en Dialnet Métricas

Información ao PDI

13-10-2022

A Fundación Dialnet informa da dispoñibilidade dunha nova edición de Dialnet Métricas, sistema de información bibliométrica elaborado nunha contorna de cooperación bibliotecaria.

A Biblioteca de Universidade de Vigo colabora neste proxecto desde 2021, grazas ao traballo desenvolvido polo persoal das seccións de Publicacións periódicas e Automatización e proceso técnico.

En Dialnet Métricas pódese acceder ao índice de impacto de revistas españolas de ciencias sociais e humanidades, así como a indicadores de cada unha das publicacións, das persoas investigadoras e das institucións ás que pertencen.

 

Acceso ao portal Dialnet Métricas:

https://dialnet.unirioja.es/metricas/

 

A Universidade de Vigo en Dialnet Métricas:

https://dialnet.unirioja.es/metricas/centros/819122

 

Máis información en:

https://soporte.dialnet.unirioja.es/portal/es/kb/articles/qu%C3%A9-es-dialnet-m%C3%A9tricas

 

Subdirección Biblioteca Universitaria
subdibuv@uvigo.gal