Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Ciclo de Formacións en liña CAS SciFinder-n Multidisciplinary Training Online Sessions (Biblioteca Universitaria)
Información ao PDI
18-10-2022 ata: 02-11-2022A Biblioteca informa á comunidade universitaria dun ciclo de formación en liña gratuíto sobre diversas temáticas convocado por CAS SciFinder-n durante os meses de outubro e novembro.
Datas: do 18 de outubro ao 2 de novembro de 2022.
Idioma: inglés (agás unha sesión en español: Novedades CAS SciFinder-n Q3).
Duración: 1 hora, con quenda de preguntas.
Formador: personal de CAS
SciFinder-n é a plataforma de acceso ás bases de datos de Chemical Abstracts (CAS) accesible desde a UVigo. Permite explorar as bases de datos de CAS que conteñen literatura de varias disciplinas, abarcando ciencias biomédicas, química, enxeñaría, ciencias dos materiais, agricultura, etc. As procuras pódense realizar en revistas e en patentes de todo o mundo, utilizando subestructuras e reaccións.
Materias do ciclo de fomación:
- Síntese Verde (Química). 18 de outubro ás 15:00 h.
- Agricultura e comida. 20 de outubro ás 15:00 h.
- Almacenamento de enerxía e condutividade de materiais. 24 de outubro ás 15:00 h.
- Nanopartículas. 25 de outubro ás 15:00 h.
- Membranas (Química). 26 de outubro ás 15:00 h.
- Pinturas, pigmentos e capas. 27 de outubro ás 15:00 h.
- Novidades CAS SciFinder-n Q3. 2 de novembro ás 15:00 h. (En español).
INSCRICIÓN: consulte o PDF adxunto para inscribirse nas sesións e ver o programa detallado.
*IMPORTANTE: É necesario inscribirse ás sesións coa conta de correo institucional da Universidade de Vigo.
Despois das sesións CAS enviará aos participantes un certificado de asistencia. Para aqueles que non se podan adaptar ao horario, poden facer a inscrición para poder recibilas grabacións unha vez rematada a sesión.
Para calquera dúbida, por favor diríxase a:
Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal
Twitter @saibuvigo