Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Desde esta Vicerreitoría comunicamos que, de acordo coa información facilitada pola organización da festa de San Teleco, as liñas de autobuses que pasan pola parada da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación circularán da forma habitual durante a xornada deste venres, 30 de setembro.
No adxunto deste aviso pódese consultar a zona das inmediacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que se verán afectadas pola dita celebración.
- Plano zona de celebración de San Teleco 2022 [1917.91 Kbytes]
- vicplan@uvigo.gal
- +34 986 813440