Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Xa non tes escusa para non facer exercicio físico! ??
Do 19 ao 30 de setembro, proba gratuitamente as salas cardiofitness (ximnasios) dos tres campus da nosa universidade, así como as actividades dirixidas. Se vos gusta poderedes adquirir o #AbonoMuver e acceder a moitas máis vantaxes.
Máis info: https://acortar.link/clIfVm
AUGAVENTURA OUTONO 2022
Sete actividades, sete formas de mollarse agora que chega o outono. Esta é a proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte que organiza Augaventura. As e os participantes poderán facer flyboard, descenso de rápidos (rafting), surf, wakeboard, windsurf, mergullo e, ademais, realizarán unha ruta pola illa de San Simón que combina kayak, andaina e snorkel.
As inscricións poderán realizarse dende hoxe mesmo a través do Campus Activo e están abertas ás e aos membros da comunidade universitaria, así como tamén persoas alleas á mesma, con prezos diferentes segundo a que grupo se pertenza ou se se está en posesión dun abono Muver ou non.
Toda a información en: https://acortar.link/E6eyaV
SERVIZOS FITNESS
Ser Muver ten moitas vantaxes.
Co Abono Muver tes, de maneira gratuíta, unha serie de servizos fitness:
-Poderás medir a túa composición corporal coa báscula Tanita MC780.
-Terás asesoramento personalizado por parte de profesionais cualificados/as á hora de elaborar a túa rutina de exercicios, etc.
-Dentro das nosas instalacións tes un amplo abano de actividades dirixidas como ioga, pilates, HIIT, dance fitness, body pump, ciclo indoor... e moitas máis!
-Evita lesións e acada os teus obxectivos!
Máis info: https://acortar.link/pTSk80
- extension@uvigo.gal
- 986 812 182