Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso Axenda 2030. Axentes do Cambio.

Seminarios e conferencias

10-10-2023 ata: 06-11-2023

Curso : Axenda 2030 _Axentes do Cambio 

O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medio ambiente e coa erradicación das desigualdades.

O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que coñezan a Axenda 2030. Esta actividade pódese complementar con  unha acción de voluntariado, que se desenvolverá a partires de novembro (tras a finalización do curso) para dar a coñecer a Axenda 2030 e sensibilizar á comunidade universitaria sobre os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades. 

O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.

  • Módulo 1. Comprendendo a Axenda 2030
  • Módulo 2. As persoas
  • Módulo 3. O planeta
  • Módulo 4. Unindo ás persoas e ó planeta

 

Características do curso:

  • Datas de celebración: Dende o 10 de outubro a 6 de novembro
  • Modalidade: Virtual  se celebrarán a través da plataforma MOOVI.
  • Destinatarios: Está destinado a estudantes da Universidade de Vigo.
  • Prezo­: Gratuíto.
  • Duración:  30 horas.
  • Recoñecemento: Solicitado un 1 ECTS 
  • Inscrición: En Bubela.  O prazo de preinscrición está aberto dende as 15:00 o día 13 de setembro ate o día  2 de outubro o de 2022 as 23:59 .
  • Enlace preinscrición Bubela:https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=5196
  • Criterios de selección : por rigorosa orde de inscrición.

Máis información.

Área de Equidade e Diversidade

direc.equidade@uvigo.es