Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Acto oficial de apertura de curso

Información xeral

05-09-2022 ata: 12-09-2022

O REITOR MAGNÍFICO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

no seu nome e no dos Reitores Magníficos das Universidades da Coruña e Vigo

ten a honra de convidar a Vde. ao solemne acto de Apertura do Curso Académico 2022-2023 

que terá lugar o vindeiro venres día 9 de setembro ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O discurso inaugural estará a cargo do Prof. Dr. D. José Carlos Bermejo Barrera,

catedrático de Historia Antiga, e versará sobre o tema: Información, comunicación e historia

Traxe académico ou etiqueta formal. 

Confirmación de asistencia ata o día 7 de setembro no correo electrónico reitor.secretaria@usc.gal. No caso de asistir con traxe académico deberá indicalo ao confirmar a súa asistencia.

O acto poderase seguir en directo na Canle Youtube da USC, na seguinte ligazón: Acto institucional de apertura de curso 2022-2023 no SUG - YouTube