Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Dende a Unidade de Igualdade sumámonos ao fondo sentimento de tristeza que nos invade hoxe pola repentina perda do noso compañeiro Manolo Ramos Cabrer e queremos recoñecer públicamente o seu forte e firme compromiso coa igualdade de xénero. Dende o Vicerreitorado de Ordenación Académica e Profesorado sempre foi un aliado decisivo no impulso das políticas de igualdade na nosa institución. A súa excepcional calidade humana, académica e profesional permanecerá como unha gran fonte de inspiración. DEP.
- igualdade@uvigo.gal
- +34 986 813 419