Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Proclamación provisional de candidaturas - Eleccións á Reitoría e de representantes no Claustro Universitario

Información xeral

28-03-2022 ata: 05-04-2022

Bo día: 

Infórmase a comunidade universitaria de que, hoxe 28 de marzo de 2022, publicouse no taboleiro electrónico oficial a proclamación provisional de candidaturas de ambos procesos electorais: 

O prazo de reclamacións abrangue do 29 ao 31 de marzo. Neste período as persoas candidatas, proclamadas ou non, poderán presentar ante a Comisión Electoral un escrito razoado de reclamación ou renuncia. Poderán facelo de xeito presencial, en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistro dos 3 campus, ou mediante o procedemento específico que se activará na sede electrónica a partir de mañá.