Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Presentación de candidaturas - Eleccións á Reitoría e de representantes no Claustro Universitario

Información xeral

14-03-2022 ata: 19-03-2022

Bo día:
 
Comunícase que o prazo de presentación de candidaturas para as eleccións á Reitoría e representantes no Claustro Universitario dende está aberto dende hoxe (14 de marzo) ata o vindeiro venres, 18 de marzo.

As candidaturas poderán presentarse de xeito presencial, en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistro dos tres campus da Universidade de Vigo, así como a través dos procedementos habilitados na sede electrónica, accesibles dende as seguintes ligazóns:  

ESTUDANTES: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/26288090

PAS/PDI: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/26288217 

No apartado da web correspondente ás Eleccións (https://www.uvigo.gal/universidade/goberno-uvigo/democracia), poderán consultar toda a información actualizada relativa a ambos procesos electorais.