Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Censos definitivos - Eleccións Reitoría e Claustro 2022

Información xeral

11-03-2022

Bo día:
 
Consonte o calendario electoral hoxe, 11 de marzo de 2022publicáronse os censos definitivos no taboleiro electrónico oficial . Poden consultarse en: 

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=26341015

O prazo para presentar candidaturas a ambos procesos electorais (Reitoría e representantes no Claustro), estará aberto entre o día 14 e o 18 de marzo (ambos inclusive) e poderá realizarse de xeito presencial, en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistro da Universidade de Vigo, así como a través dos procedementos da sede electrónica, que contan co seu propio modelo de candidatura e estarán operativos a partir do luns. 

No apartado da web correspondente ás Eleccións (https://www.uvigo.gal/universidade/goberno-uvigo/democracia), tamén está dispoñible toda a información actualizada relativa a ambos procesos electorais.