Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Obradoiro para autores/as sobre o acordo transformativo Springer-Nature (Biblioteca Universitaria)
Información ao PDI
15-03-2022 ata: 15-03-2022A Biblioteca Universitaria informa dun Obradoiro para autores/as sobre o acordo transformativo con Springer-Nature.
O obradoiro está organizado por Springer-Nature e o seu obxectivo é amosar en detalle o proceso que os autores/as deben seguir para poder publicar os seus artigos en acceso aberto baixo o acordo transformativo entre CRUE-CSIC e Springer-Nature a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia, (CISUG).
Data e horario: martes 15 de marzo de 2022: 12:00 – 13:00 h.
Programa:
- Introdución.
-Tipoloxía do artigo cuberto polo acordo “Original paper”.
-Revistas nas que se pode publicar (selos editoriais Springer e ADIS).
- Elixibilidade do artigo tras da aprobación editorial.
- Elexibilidade do autor/a.
- Aceptación institucional.
- A notificación de incidencias e/ou consultas no proceso de publicación.
A sesión será gravada e posteriormente comunicarase a súa dispoñibilidade.
Inscrición: https://register.gotowebinar.com/register/3290605626418267659
* Lembre inscribirse co correo da Universidade de Vigo.
*Se ao premer non o dirixe a web de inscrición, por favor, copie e pegue a url no seu navegador para acceder.
* Non precisa descargar software específico.
Máis información:
Publicar en acceso aberto en Springer
Acordos transformativos para publicar en acceso aberto
Para calquera dúbida, por favor diríxase a:
Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal
@saibuvigo
- Obradoiro de autores Springer Nature [116.26 Kbytes]