Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Censos electorais

Información xeral

21-02-2022

Bo día,

Infórmase de que, para elaborar os censos electorais provisionais, a Secretaría Xeral recibe previamente a información dos distintos servizos centrais; filtrada, no caso do PDI, segundo o centro ao que se adscribe a súa praza. Por esta razón, poden ter xurdido discrepancias entre este e o correspondente á docencia maioritaria (que é o criterio de adscrición á circunscrición electoral para o PDI) o cal pode variar con cada POD.

Prégase entón aos membros da comunidade universitaria e, en particular, ao PDI cuxo centro de adscrición poida non coincidir co da súa docencia maioritaria, que revisen os censos electorais e, de ser o caso, presenten a correspondente reclamación, dende o luns 21 ao venres 25 de febreiro, mediante o procedemento disposto en sede a tal efecto ao que se accede na ligazón sinalada mais abaixo.

Asemade, malia que as reclamacións deben presentarse de xeito indvidual por parte das persoas interesadas, desde os propios centros, se advertisen erros, poden poñelos en coñecemento, ou ben desas mesmas persoas, para os efectos de que presenten a reclamación, ou ben desta Secretaría, para que poida contactalas, de ser o caso.

O procedemento atópase no seguinte link:

https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/26047922

Basta con indicar brevemente o cambio que se pretende no censo, SEN NECESIDADE DE APORTAR DOCUMENTACIÓN.

 

A reclamación tamén se pode presentar nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres Campus.

 

Prégase desculpen as molestias que esta situación puidera causar.

 

Un saúdo.

 

A Secretaría xeral.

 

P.S.: Indícanse de seguido os criterios de adscrición, así como os casos de opción, por sectores, que recolle o artigo 15 do Regulamento Electoral Xeral:

 

2. Os membros do persoal docente e investigador estarán censados no departamento ao que pertenzan e no centro no que impartan maior docencia. No caso de ter a mesma docencia en varios optará, no período de reclamacións ao censo electoral, sen que ninguén poida estar censado en máis dun centro ou departamento.

 

3. Os membros do PDI sen tarefas docentes asignadas no POD exercerán os seus dereitos no centro onde impartiron a súa docencia no último curso en que tiveron asignada a tarefa docente.

 

4. O alumnado de doutoramento estará censado no centro e no departamento onde estea censado o director/a da correspondente tese, e optará no caso de codirección.

 

5. Os/As estudantes de primeiro e de segundo ciclo estarán censados:

a) No centro responsable da titulación na que estean matriculados e nos departamentos que teñan a súa docencia asignada ás materias nas que estean matriculados, segundo corresponda.

b) No centro que imparta a titulación da que se matriculou dun maior número de créditos, no caso de simultaneidade de estudos. De estar matriculado do mesmo número de créditos en dúas ou máis titulacións, cada estudante optará, no período de reclamacións ao censo electoral, por estar censado nun só centro; será adscrito de oficio pola comisión electoral ou, no seu caso, a xunta electoral, de non exercer o devandito dereito de opción.

 

6. O persoal de administración e servizos (PAS) estará censado na unidade onde preste os seus servizos. O PAS adscrito a unidades administrativas que prestan servizo a varios centros ou departamentos deberá optar por estar censado en calquera dos centros ou departamentos aos que a súa unidade administrativa dea servizo. A persoa responsable de administrar o centro exercerá a devandita opción se non o fai a persoa interesada. O PAS que resulte elixido/a como membro das xuntas de centro ou consellos de departamento permanecerá na súa condición ata a finalización do seguinte proceso electoral, aínda que perda a adscrición ao correspondente centro ou departamento por pasar a prestar servizos en outras unidades administrativas".