Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Comunicación de acreditacións a Catedrático/a de Universidade ou Titular de Universidade

Información ao PDI

10-02-2022

 

O Plan de Promoción a Profesora/a Titular e Catedrático/a na Universidade de Vigo establece que as listaxes de acreditados estarán en vigor ata que se esgote a orde de prelación correspondente. Dado que na última sesión do Consello de Goberno creáronse prazas suficientes para baleirar as listaxes e, segundo o antedito, estas se consideran extintas, non se farán máis convocatorias de actualización das mesmas.

Polo tanto, a partires de agora, todo aquel profesorado con dereito recoñecido á promoción que obteña a acreditación correspondente (TU ou CU), e decida exercer ese dereito, deberá comunicalo mediante escrito presentado na Sede Electrónica da Universidade de Vigo, dirixido á Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado, acompañado do documento de acreditación correspondente.

As solicitudes recibidas utilizaranse para realizar o cálculo das futuras Ofertas de Emprego Públicas anuais da Universidade de Vigo. Para a execución destas ofertas, unha vez aprobadas, convocaranse concursos de xeito periódico, segundo as condicións que se negociarán cos representantes sindicais do PDI na próxima sesión da Mesa de Negociación.