Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Abono Muver

Deporte e benestar

26-01-2022 ata: 31-08-2022

Abono Muver.

Unha proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte que dá acceso ás instalacións da Universidade e tamén ás actividades dirixidas que se organizan nos tres campus.

O abono pode ser cuadrimestral, anual ou só para os meses de verán e está aberto tanto á comunidade universitaria e familia UVigo como a outras persoas e colectivos vencellados á institución, así como a persoas externas. Deste xeito, os prezos varían segundo o colectivo ao que se pertenza e a duración do abono, dende os 15€ do período estival para os membros da comunidade universitaria ata os 180€ que custa o abono anual para as persoas alleas á institución académica.

    Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu          horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas      de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).

   Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness incluídas no abono.

   Seguimento técnico dos programas de adestramento.

   20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas e nas                 actividades puntuais no medio natural.

Actividades complementarias incluídas no Abono mUVer

Entre os beneficios do Abono mUVer está a inscrición de balde nunha serie de actividades dirixidas impartidas por persoal especializado que se desenvolven nos tres campus ao longo do curso. No caso de Pontevedra haberá sesións de pilates os luns e mércores de 18.00 h a 18.45 h e de 19.00 h a 19.45 h e de HIIT, un adestramento a intervalos de alta intensidade, os luns e mércores de 20.00 h a 20.45 h e de 21.00 h a 21.45 h. 

No campus de Ourense as actividades comprenden Body Pump, un adestramento baseado no levantamento de pesas, que se imparte os luns e mércores de 20.00 h a 20.50 h, así como clases de zumba, os mesmos días pero de 19.00 h a 19.50 h, bailes latinos tamén luns e mércores de 21.00 h a 22.00 h e voleibol os luns de 22.00 h a 23.00 h.

Finalmente, no campus de Vigo as actividades dirixidas comprenden adestramento funcional, que se imparte martes, xoves e venres de 15.00 h a 15.50 h; CORE luns e mércores de 15.00 h a 15.50 h; ioga os martes e xoves de 13.15 h a 14.30 h e de 16.15 h a 17.30 h; tenis de mesa os martes e xoves de 18.00 h a 20.00 h; bádminton os martes de 18.00 h a 21.00 h e xoves de 18.00 h a 22.00 h. 

Para asistir a estas actividades, ademais de contar co Abono mUVer é preciso inscribirse en cada unha das sesións de xeito independente, o que permite que cada persoa poida probar as distintas modalidades deportivas e elixir os grupos que mellor se vaian adaptando aos seus horarios.

Para garantir a saúde e seguridade de todas as persoas participantes, as actividades desenvólvense con todas as medidas hixiénicas e sanitarias previstas polos protocolos anti-covid e sempre previa presentación do certificado covid.

Consulta detalladamente toda a información pinchando no seguinte enlace:   https://bit.ly/3I4T4Mt