Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Obradoiro para autores/as sobre o acordo transformativo para publicar en aberto con Springer-Nature (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

18-11-2021 ata: 18-11-2021

A Biblioteca Universitaria informa dun obradoiro para autores/as sobre o acordo transformativo con Springer-Nature.

O obradoiro está organizado por Springer-Nature e o seu obxectivo é amosar en detalle o proceso que os autores/as deben seguir para poder publicar os seus artigos en acceso aberto baixo o acordo transformativo entre CRUE-CSIC e Springer-Nature.

Data e horario: xoves 18 de novembro: 12:30 – 14:00 h.

* Será impartido en inglés ou castelán, dependendo da persoa que o presente.

Programa:

  • Introdución e benvida (castelán).
  • Información xeral sobre o acordo de publicación en acceso aberto (castelán).
  • O proceso para os autores: dende a proposta á publicación dos artigos (inglés).
  • Publicar con Springer-Nature (castelán).
  • Quenda de preguntas e respostas (castelán e inglés).

A sesión será gravada e posteriormente comunicarase a súa dispoñibilidade.

Inscrición: https://register.gotowebinar.com/register/2758499170853003277

* Se ao premer non o dirixe a web de inscrición, por favor, copie e pegue a url no seu navegador para acceder.

* Non precisa descargar software específico.

Máis información:

Acordo transformativo con Springer-Nature para publicar en acceso aberto

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:

Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.es