Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Seminario web de Wiley sobre como publicar nunha revista académica (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

17-11-2021 ata: 17-11-2021

A Biblioteca Universitaria informa dunha sesión formativa en liña da editorial Wiley sobre como aumentar as posibilidades de publicar nunha revista académica.

Co obxectivo de axudar aos autores/as a presentar os seus artigos de investigación ás editoriais e mellorar as súas posibilidades de aceptación, Wiley organiza un obradoiro en español impartido por un membro do seu equipo editorial.

Dirixido a: persoal investigador e outras persoas da comunidade interesadas.

Data: mércores 17 de novembro.

Hora: 16:00 – 17:00 h.

Programa:

  • Como encontrar a revista adecuada para a súa investigación
  • Como funciona o proceso de revisión por pares
  • Pautas para promocionar o seu traballo unha vez publicado
  • Como publicar en inglés sen ser nativo

Inscrición: gotowebinar.com

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:

Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36200 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal
Twitter: @saibuvigo