Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Nova edición. Xoves Empregables. Empregos con futuro

Área de Emprego e Emprendemento

07-10-2021

Dende a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo queremos seguir facilitando aos nosos estudantes e egresados/as a mellora da vosa empregabilidade cun novo ciclo de seminarios en liña. Nesta nova edición de XOVES EMPREGABLES imos dar a coñecer algunhas profesións, sen dubida de futuro, nos eidos virtuais e dixitais, economía verde, loxística, analista de negocios, marketing olfactivo, comunicación accesible, realidades 3D, ou arte, entre outros. Sectores todos que impactan de forma moi positiva no crecemento económico e no benestar da sociedade. 

A orientación de cada seminario terá unha dobre vertente. Por unha banda, dar a coñecer a visión experiencial dunha persoa traballadora nun ámbito determinado, da súa traxectoria e da súa experiencia desempeñando o cargo que ocupa. Doutra banda, unha visión analítica do sector, unha descrición do(s) emprego(s) e as competencias xerais que debería de ter unha persoa que queira acceder a traballar nunha profesión similar.

Enviamos o programa adxunto, esperando o ciclo sexa do voso interese e podamos volver a ser unha cita con vos cada xoves!

Lembrade que o foguete despega mañá!

Rexistro e mais info AQUI

Un abrazo!

            Equipo da AEE