Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

A Biblioteca Universitaria de Vigo en Dialnet Métricas

Información ao PDI

06-10-2021 ata: 31-12-2021

A Biblioteca da Universidade de Vigo incorporouse a Dialnet Métricas en 2020-2021. Este proxecto é o resultado da colaboración entre bibliotecas que persegue incluír as referencias bibliográficas dos artigos de revistas que se atopan en Dialnet, para obter as citas a documentos e autores. 

Como resultado desta colaboración, a Universidade de Vigo vai aparecer na nova edición que ven de publicarse, cos datos correspondentes ao ano 2020. O núcleo principal do proxecto é a elaboración do índice de impacto das revistas españolas das diversas disciplinas de Ciencias Sociais e Humanidades, pero inclúense tamén indicadores de cada unha das publicacións, dos investigadores e das institucións ás que estes pertencen. 

Atentamente,