Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

FIR-Festival Internacional Rebulir 2021

Información voluntariado

28-09-2021 ata: 10-12-2021

O/A  Sección de Extensión Universitaria publica o seguinte aviso:

 

Comunícase o seguinte Proxecto de voluntariado no que podes participar: FIR-Festival Internacional Rebulir 2021

 

O período de desenvolvemento: Do 16/12/2021 ao 19/12/2021.

 

Os obxectivos xerais: Poñer en valor a cultural galega en relación con outras culturas e propiciar o
intercambio intercultural entre participantes e asistentes ao encontro.

 

Os obxectivos específicos do programa de voluntariado son:

- Fomentar o coñecemento cultural de culturas alleas por medio da música, a danza
e a gastronomía.
- Desenvolver habilidades sociorelacionais entre os participantes e veciños.

 

As persoas voluntarias terán o seguinte perfil: Non se procura ningún perfil específico para as persoas voluntarias. Valórase positivamente ter actitude proactiva e sensibilidade cara a diversidade cultural.

 

As funcións do voluntariado que vai a realizar son:

- Guias e acompañantes de delegacións participantes
- Mediadores de participantes e organización
- Colaboración en tarefas organizativas e de intendencia

 

Actividades: 

Día 16 e 17 de Decembro - Apertura, Obradoiros e animacións
Día 18 - Gala Central.
Día 19 - Obradoiros e animacións

 

Lugar de realización: Ramirás, Celanova e Ourense (actividades en diferentes espazos que permitan un aforo con distanciamento). Tamén se fará unha importante parte de maneira virtual.

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: 50 horas (formación, preparación e implicación durante o FIR)

 

----------------------------------------

Se estás interesado ponte en contacto con: 

 

Nome e apelidos: Alexandre Sotelino Losada

Cargo/posto de traballo/función: Director do FIR

Teléfono móbil: 639908005

Correo electrónico: directorfestivalrebulir@gmail.com

Horario de atención e información as persoas interesadas na participación neste programa de voluntariado: De 16:00 a 21:00 h.

 

Nome e apelidos: Sandra González Sousa

Cargo/posto de traballo/función: Coordinadora de guías e persoas voluntarias.

Teléfono móbil: 667355734

Correo electrónico: rebulir@hotmail.com

Horario de atención e información as persoas interesadas na participación neste programa de voluntariado: De 20:30 a 22:30 h.

 

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/120

Podes atopar máis proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public