Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Acordo con Springer Nature para publicar en acceso aberto (Biblioteca Universitaria)
Información ao PDI
02-07-2021 ata: 31-12-2021A Biblioteca informa que a Universidade de Vigo, a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), participa nun novo acordo transformativo entre a CRUE-CSIC e a editorial Springer Nature.
Con este acordo, as universidades disporán de acceso de lectura ás revistas científicas dos paquetes Springer e Adis do editor Springer-Nature, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas revistas revistas híbridas de ambos paquetes, cubrindo o 100% dos APC.
A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrece soporte e asesoramento sobre o procedemento que seguir.
Pódese consultar máis información no apartado Novas da web da biblioteca e na guía:
Para resolver dúbidas e consultas habilitouse o seguinte enderezo: accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal