Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Publicados os Journal Citation Reports 2021 (Biblioteca Universitaria)
Biblioteca
01-07-2021 ata: 01-07-2021A Biblioteca informa que xa está en funcionamento a nova versión do JCR 2021, que xunto cos índices de impacto do ano 2020 presenta importantes melloras.
JCR 2021 amplía a súa cobertura, incorporando todas as revistas da Colección Principal da Web of Science (WOS Core Collection) incluíndo todas as publicacións presentes nos índices Arts & Humanities Citation Index (AHCI) e o Emerging Sources Citation Index (ESCI).
Ademáis da súa renovada interface, esta versión presenta unha nova métrica, o Journal Citation Indicator (JCI), que afectará a todas as revistas incluídas en JCR e, en especial, ás contidas no AHCI e ESCI, que non contatán co Factor de impacto pero si co JCI. Deste xeito, todas as revistas indexadas en WoS estarán incluídas no JCR e todas elas terán en común o indicador JCI ( Journal Citation ndicator) aínda que as revistas de AHCI e ESCI non terán JIF (Journal Impact Factor)
Para coñecer en profundidade todas estas melloras, pode inscribirse no seminario web organizado por Clarivate que terá lugar o próximo 21 de xullo 10:00-11:30 h.
Inscrición con correo-e institucional