Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Premios Extraordinarios de doutoramento 2020

Bolsas e axudas

16-04-2021 ata: 31-05-2021

Bo día,

Rematado o prazo de reclamacións aos informes provisionais de avaliación elaborados polos tribunais dos Premios Extraordinarios de Doutoramento dos ámbitos Arte-Humanidades, Arquitectura-Enxeñaría, Ciencias e Xurídico-Social, sen que se tivera recibido ningunha alegación, estos informes adquiren carácter definitivo.

Polo tanto, os informes de avaliación dos tribunais coas cualificacións das teses de doutoramento sometidas a revisión, serán remitidos á Comisión Permanente da EIDO que se celebrará o día 29 de abril, para que esta aprobe a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2019-2020. Posteriormente, esta proposta será elevada ao Consello de Goberno para a súa aprobación definitiva.

Pódese consultar esta resolución no taboleiro electrónico da Uvigo na seguinte ligazón:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=A7F956DBD2F469C44D670504B6041B56?idtaskdata=22717420

Atentamente,