Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

FREMAP: Seminarios web sobre axentes biolóxicos

Prevención de riscos laborais

16-04-2021 ata: 17-05-2021

FREMAP anuncia a celebración de catro seminarios web (webinar) enfocados ás diferentes actividades do ámbito universitario relacionadas cos aspectos básicos da prevención do risco biolóxico.

  • Obxectivo: Facilitar información e aportar ferramentas para coñecer os aspectos esenciais do risco biolóxico. En primeiro lugar, coa identificación e clasificación dos axentes biolóxicos para establecer as medidas de contención, continuando cos criterios de selección e de uso dos diferentes dispositivos de seguridade, con boas prácticas de traballo cando se utilizan cabinas de seguridade biolóxica e en último lugar coa exposición dos diferentes equipos de protección individual fronte ao risco biolóxico, facendo fincapé nas boas prácticas asociadas ao uso de ditos equipos.
  • Horario: As sesións están programadas durante os meses de abril e de maio, en horario de 9:30 h a 11:00 h (os 45 primeiros minutos serán para a docencia e o resto para resolver posibles dúbidas).
  • Destinatarios: Persoal técnico, directivo e responsables que asuman a xestión da prevención de riscos laborais e todo o persoal traballador que poida estar exposto aos riscos biolóxicos que deriven da súa actividade laboral.

Webinar “Axentes biolóxicos”: 20 de abril ás 9:30 h. Información e inscrición: https://cutt.ly/UvhRs5y

Webinar “Principios de bioseguridade. Prevención e actuación ante un accidente biolóxico”: 27 de abril ás 9:30 h. Información e inscrición: https://cutt.ly/KvhRQoh

Webinar “Cabinas de seguridade biolóxica”: 11 de maio ás 9:30 h. Información e inscrición: https://cutt.ly/AvhRIIl

Webinar “Equipos de protección individual fronte ao risco biolóxico”: 18 de maio ás 9:30 h. Información e inscrición: https://cutt.ly/OvhRFhk