Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Acordos con Cambridge University Press e Oxford University Press para publicar en acceso aberto (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

09-04-2021 ata: 31-05-2021

A Biblioteca informa que o Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), constituído polas universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e a Xunta de Galicia, asinou os seus primeiros acordos transformativos coas editoriais Cambridge University Press e Oxford University Press.

Estes acordos permiten o acceso a todas as revistas de ambas as dúas editoriais, ao tempo que posibilitan que os autores e autoras da universidade poidan publicar en acceso aberto en todas as revistas de acceso aberto dourado (Gold OA) e híbridas (Hybrid OA) cubrindo o pago do 100 % das taxas de publicación (APC).

Para beneficiarse dos descontos nos APC:

  • O autor/a de correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo institucional.
  • Ter un artigo aceptado para publicar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

As persoas beneficiarias adquirirán o compromiso de:

A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrece soporte e asesoramento sobre o procedemento a seguir.

Pódese atopar máis información no apartado Novas da web da biblioteca e nas guías:

Para resolver dúbidas e consultas habilitouse o seguinte enderezo: accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal

Biblioteca Universitaria de Vigo
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo