Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resultado sorteo vogais comisións prazas de profesorado contratado doutor, profesorado titular de universidade e de catedráticos/as de Universidade

Información ao PDI

26-03-2021 ata: 26-03-2024

ACORDO DA COAP DO 26 DE MARZO DE 2021 SOBRE O SORTEO DA ORDE DOS VOGAIS DAS COMISIÓNS DE SELECCIÓN DOS CONCURSOS DE ACCESO DE PRAZAS DE PROFESORADO CONTRATADO DOUTOR (PCD), PROFESORADO TITULAR DE UNIVERSIDADE (PTU) E DE CATEDRÁTICOS/AS DE UNIVERSIDADE (CU) CORRESPONDENTES ÁS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO (OEP) DOS ANOS 2018, 2019 E 2020

Na Comisión de Organización Académica e Profesorado (COAP) do 26 de marzo de 2021, tivo lugar o sorteo da orde dos vogais das comisións de seleccións dos concursos de acceso propostas polos departamentos, das seguintes prazas:

  • 3 prazas de PCD correspondentes á reserva do 15% para persoal investigador doutor que finalizase o programa “Ramón y Cajal” ou outros programas de excelencia nacionais ou internacionais e dispoñan da certificación I3 (OEP do ano 2018).
  • 2 prazas de PTU correspondentes á reserva do 15% para persoal investigador doutor que finalizase o programa “Ramón y Cajal” ou outros programas de excelencia nacionais ou internacionais e dispoñan da certificación I3 (OEP do ano 2020).
  • 20 prazas de PTU (OEP do ano 2019).
  • 23 prazas de CU (OEP do ano 2019).
  • 1 praza de CU (OEP do ano 2020)

Unha vez celebrado o dito sorteo, a COAP toma o seguinte ACORDO:

Os vogais titulares e suplentes das propostas das comisións de selección enviadas polos departamentos, terán a seguinte orde:

Vogal titular 1, o que figura na proposta como vogal 3

Vogal titular 2, o que figura na proposta como vogal 4

Vogal titular 3, o que figura na proposta como vogal 2

Vogal suplente 1, o que figura na proposta como vogal 1

Vogal suplente 2, o que figura na proposta como vogal 6

Vogal suplente 3, o que figura na proposta como vogal 5