Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Bos días:
Achegámosvos información de interese que remite a organización do “XXI Foro Tecnolóxico de Emprego”.
Estes últimos anos, o Foro Tecnolóxico de Emprego realiza unha serie de talleres unha semana antes do evento co fin de facilitarlle ó estudantado unha serie de ferramentas para que acuda preparado ó evento, que terá lugar os días 3, 4 e 5 de marzo.
O Foro Tecnolóxico de Emprego é un evento creado polo estudantado para o estudantado. O Foro é unha oportunidade para achegar ó estudantado da UVigo ó mundo empresarial, beneficiándose na procura de contrato de prácticas ou de traballo mediante a recollida de CV.
Todos os talleres terán lugar no Campus Remoto: Palacio de Congresos. S70 - Sala de Exhibición 50. Non é necesario o contrasinal.
A continuación, indicamos as datas e temáticas dos talleres:
Primer taller:
Título: PRÉPARATE PARA O ÉXITO. Demostra o que vales nunha entrevista e sé a mellor candidata.
Data: martes 23 de febreiro ÁS 17:00
Ponente: Hugo Soliño. Coordinador de Comunicación do Foro Tecnolóxico de Emprego XXI.
Lugar: Palacio de Congresos. S70 - Sala de Exhibición 50.
Segundo taller:
Título: E TI... QUE HABILIDADES TES? Aprende a facer o teu Curriculum Vitae.
Data: mércores 24 de febreiro.
Ponente: Reyes Fernández. Técnica Superior en Orientación Laboral do Área de Emprego e Empregabilidade da UVigo
Lugar: Palacio de Congresos. S70 - Sala de Exhibición 50.
Tercer taller:
Título: FÁLALLE Ó TEU FUTURO. Demostra as túas habilidades de comunicación para amosar a túa mellor versión ante unha empresa.
Data: xoves 25 de febreiro ás 17:00
Ponente: Iván Olmos. Consultor y formador en comunicación, oratoria e debate.
Lugar: Palacio de Congresos. S70 - Sala de Exhibición 50.
Animámosvos a participar, é unha oportunidade para ir preparad@ ó evento e iniciar a experiencia laboral de cada un/unha de vós,
- estudantes@uvigo.gal
- +34 986 813 586