Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

RECORDATORIO CONVOCATORIA SICUE 2021-2022

Bolsas e axudas

23-02-2021 ata: 23-02-2022

Resolución Reitoral de 04 de febreiro de 2021 da Universidade de Vigo, pola que se fai pública a convocatoria do programa SICUE de mobilidade estudantil para o curso 2021/2022.

Convocatoria SICUE 2021/2022

Para facer a solicitude tes que entrar na túa Secretaría Virtual en Funcionalidades como Estudante (onde fas a automatrícula). Na marxe esquerda, dentro do apartado "Secretaría" premer en "Solicitude SICUE", enchela e aceptala. Con iso finaliza o proceso de solicitude.
 
Deberás facer a solicitude co correo electrónico @alumnos.uvigo.es, para elo tes que comprobar na túa secretaría virtual que dirección de correo tes, de non ser esta debes cambeala.
 
Lembra que esta mobilidade non ten DOTACIÓN ECONÓMICA

Para calquera dúbida: sicue@uvigo.es