Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Acordo do Comité Asesor Covid-19 da Universidade de Vigo de 27 de xaneiro de 2021

Información xeral

27-01-2021 ata: 09-02-2021

 

 

O comité acorda que para o uso de establecementos de restauración de centros de traballo da Universidade de Vigo por parte de docentes e traballadores do centro, limitarán a súa actividade según se establece na orde do 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de Sanidade (DOG núm 16-BIS), tendo en conta, como establece o punto III.2.5.3, que a  ocupación máxima será de catro persoas, e deberán ser todas elas convivintes ou persoas traballadoras que formen un grupo de convivencia estable dentro do centro de traballo. Asimesmo, recoméndase facer un uso individual das mesas nestes casos.

 

Acórdase tamén realizar o reparto dun novo kit de prevención para cada membro dos colectivos PAS e PDI consistente en 25 máscaras FFP2, 2 máscaras de tela serigrafiadas co logo da Universidade de Vigo e un dispensador individual de xel hidroalcohólico.

A cada membro do alumnado facilitaráselle 3 máscaras FFP2 para a súa utilización preferente nas prácticas, cando sexa autorizada a presencialidade polas autoridades competentes.