Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Taller sobre proxectos de cooperación internacional financiados polos principais organismos multilaterais
Formación de Profesorado
05-05-2015 ata: 06-05-2015A Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado comunícalle que está aberto o prazo de preinscrición no Taller sobre proxectos de cooperación internacional financiados polos principais organismos multilaterais que se desenvolverá no Campus de Vigo os días 5 e 6 de maio.
A devandita acción formativa está organizada pola Coordinadora ONG para el desarrollo-España (CONGDE) no marco das actividades financiadas mediante o convenio entre a Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e as tres universidades galegas que ten como obxectivo potenciar as actividades de cooperación ao desenvolvemento nas universidades públicas galegas.
O curso que terá unha duración de oito horas é a continuación do Curso de captación de fondos europeos para proxectos de cooperación ao desenvolvemento levado a cabo no mes de outubro por Javier Vallejo Poza.