Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Control dos permisos para acceder a Xescampus

Información xeral

23-12-2020 ata: 31-01-2021

A Xerencia comunica  que nos vindeiros días e ao longo do mes de xaneiro, efectuarase un control dos permisos para acceder a Xescampus e procederase a dar de baixa ao persoal que polas funcións do seu actual posto de traballo non require destes permisos.

Os responsables das diferentes estruturas deberán comunicar esta circunstancia ao persoal ao seu cargo así como a obriga de manter a confidencialidade máxima no tratamentos dos datos de carácter persoal.

Non se deben comunicar datos de carácter persoal do alumnado universitario ao profesorado, excepto se a solicitude provén do decanato e cunha finalidade lexítima e xustificada, por exemplo nota media dun grupo de alumnos para o procedemento de adxudicación de prácticas externas. Estes datos non poderán ser divulgados nin publicados e servirán exclusivamente para as finalidades que se solicitaron.

O persoal pode consultar estas dúbidas coa Delegada de protección de datos ao correo electrónico dpd@uvigo.gal

As solicitudes de altas e baixas en xescampus deberán xestionarse desde os centros por medio dos/das administradores/as de centros que o comunicarán aos Servizos de Grao ou Posgrao.