Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Axudas FPU 2020

Recursos Humanos de I+D

10-11-2020

Infórmase que foi publicada no sitio web do Ministerio de Universidades a Orde de 6 de novembro de 2020 pola que se convocan axudas para a formación do profesorado universitario (FPU) 2020 que pode descargarse neste enlace.

O prazo estará aberto dende o 16 de novembro ata o 11 de decembro de 2020 ás 14:00 horas.

Recoméndase que se lean con atención as instrucións para persoas solicitantes que elabora o propio organismo convocante que pode consultar no seguinte enlace.