Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

“Xornada de Captación de Talento” Administración Xeral do Estado

Área de Emprego e Emprendemento

04-11-2020

Un dos proxectos prioritarios do Ministerio de Política Territorial e Función Pública é o desenvolvemento dun Plan de contratación de talentos na Administración Xeral do Estado, co que se pretende incorporar as novas xeracións ao emprego público.

Neste momento, este Plan constitúe unha necesidade estratéxica ineludible para afrontar os grandes retos que a Administración pública ten que afrontar nos próximos anos, como o crecente envellecemento da forza de traballo ou a dixitalización das organizacións.

Dentro deste contexto, o próximo 11 de novembro ás 11 h., celebrarase unha “Xornada de Captación de Talento” organizada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública en colaboración coa Área de Emprego e Emprendemento da UVigo.

A xornada (que se desenvolve en liña dende UVigo TV) ten como finalidade dar a coñecer que opcións teñen os estudantes ao rematar os estudos para desenvolver a súa carreira dentro da Administración do Estado: como acceder á función pública , que opcións hai unha vez dentro, que tipo de promoción e desenvolvemento profesional se pode acceder dependendo do tipo de cualificación e de que significa ser funcionario do Estado.

Inscricións: emprego2@uvigo.es

Asunto: Función Pública