Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para o persoal do CACTI-CINBIO, da Torre CACTI e do Edificio Filomena Dato

Prevención de riscos laborais

30-10-2020 ata: 05-11-2020

Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal do CACTI-CINBIO, da Torre CACTI e do Edificio Filomena Dato.

Prazo para pedir cita: do 30/10/2020 ao 05/11/2020.

Instrucións previas a súa cita https://bit.ly/2NueVzo

Onde se pide cita: na web www.norprevencion.com

Guía para solicitar cita a través da web https://bit.ly/2zTPS5b

Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Servizo de Vixilancia da Saúde do Campus (na planta baixa do Edificio Filomena Dato). Lembre que por motivos de seguridade sanitaria deben evitarse as aglomeracións, polo que pregamos puntualidade á hora de acudir a súa cita.

Onde pedir o bote para a recollida da mostra de urina: nas conserxarías do CACTI-CINBIO e do Edificio Filomena Dato.

Cambios de cita xa solicitada ou concertada (da analítica ou do recoñecemento médico): debe chamar á enfermería ao teléfono 986 813451.

Para calquera dúbida ou se algunha persoa quedara sen cita, pode contactar co SPRL no teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.es