Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Equipamento das aulas integra para o primeiro cuadrimestre do curso 2020/2021
Información ao PDI
27-10-2020Dentro da aposta organizativa relativa aos escenarios de docencia mixta e de docencia en liña, a Universidade de Vigo incluíra a posta á disposición do profesorado de equipos para facilitar o uso do encerado virtual. A aposta inicial era comprar ordenadores portátiles con pantalla táctil, útiles tanto na aula física (cando a docencia sexa mixta) coma na docencia en liña se é que nalgún momento chegamos a esa situación.
Os días 16 e 17 de xullo de 2020 negociamos cos decanatos e coas direccións segundo a solución docente elixida polo centro. Naqueles centros nos que non houbo previsión de facer aula integra, non foi preciso mercar ningún equipamento específico e nos que si, os seus responsables elixiron ordenadores ou tabletas dixitalizadoras.
Petición realizada polos decanatos e polas direccións dos centros:
Campus de Ourense |
|
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
27 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Dereito |
38 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo |
25 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Historia |
6 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Educación e Traballo Social |
5 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Ciencias |
51 ordenadores |
Campus de Pontevedra |
|
Escola de Enxeñaría Forestal |
2 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Fisioterapia |
21 ordenadores |
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación |
57 ordenadores |
Campus de Vigo |
|
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación |
56 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Ciencias do Mar |
28 tabletas dixitalizadoras |
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía |
47 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo |
61 tabletas dixitalizadoras |
Escola de Enxeñería Industrial |
200 tabletas dixitalizadoras |
Facultade de Química |
28 ordenadores |
Facultade de Filoloxía e Tradución |
97 ordenadores |
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
74 ordenadores |
Escola Universitaria de Estudos Empresariais |
30 ordenadores |
Facultade de Bioloxía |
45 ordenadores |
Noutros centros, os decanatos e as direccións pediron equipamentos para a aula ou non realizaron ningunha solicitude relacionada coas aulas integra. A Escola Superior de Enxeñaría Informática preferiu recibir cartos e buscar unha solución propia.
A compra de ordenadores e de tabletas estará rematada esta semana. Os ordenadores estarán dispoñibles a partir deste venres e as tabletas a partir da vindeira semana.
O profesorado que imparte docencia no primeiro cuadrimestre nas facultades e nas escolas citadas na táboa recibirá un correo cun aviso de cando pode pasar recoller o equipo na súa respectiva conserxería e coas indicacións para instalar o software. Os equipos chegarán con Windows 10 instalado.
O persoal con vinculación permanente poderá quedar cos ordenadores ou coas tabletas este curso e o que vén. Para o profesorado non fixo, entregaranse equipos no centro para o seu uso compartido. Estes equipos utilizaraos no segundo cuadrimestre o profesorado que imparta esa docencia.
Está en marcha a compra de máis equipos para o segundo cuadrimestre e esperamos tela rematada no mes de novembro. De novo, repartiranse nos centros en función das solicitudes recibidas.
Aproveitamos a ocasión para agradecervos o voso esforzo en toda esta etapa tan complicada e para desexarvos que esteades ben.
O equipo de goberno
- viccom@uvigo.gal
- +34 986 130 222