Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Cursos de formación en lingua galega 1º cuadrimestre

Información xeral

07-09-2020

Prezada comunidade:

Lembrámosvos que ata o 25 de setembro permanecerá aberto o período de matrícula dos seguintes cursos de formación en lingua galega.

  • Curso de extensión cultural (75 h)

Do 6 de outubro ao 15 de decembro

Proba final en liña: 17 de decembro, de 17.00 a 18.00 h

  • Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM (25 h)

Do 5 de outubro ao 6 de novembro

  • Curso de redacción e estilo (40 h)

Do 6 de outubro ao 13 de novembro

Proba final en liña: 17 de novembro, de 17.00 a 17.45 h

  • Curso de redacción de documentos administrativos (40 h)

Do 26 de outubro ao 4 de decembro

Proba final en liña: 14 de decembro, de 17.00 a 17.45 h

  • Escribir en internet (30 h)

Do 3 de novembro ao 4 de decembro

Proba final en liña: 9 de decembro, de 17.00 a 17.45 h

  • Ferramentas informáticas para a mellora da redacción (20 h)

Do 2 de novembro ao 4 de decembro

Proba final en liña: 10 de decembro, de 17.00 a 17.45 h

 

Máis información en:  https://bubela.uvigo.es/