Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Abonos muver anuais do curso 2019-2020

Deporte e benestar

17-07-2020 ata: 31-08-2020

As salas cardio-fitness non abrirán antes do 1 de setembro, polo que para compensarvos o tempo que as instalacións estarán pechadas, a Universidade asignaravos de oficio un abono muver gratuíto para o 1º cuadrimestre do curso 2020-21 a todas aquelas persoas que tedes o abono muver anual do curso 2019-2020.
?
Aquelas persoas que non estean de acordo con esta compensación, poden solicitar a devolución dos cartos na aplicación web campusactivo.uvigo.gal (iniciades sesión coa vosa conta de usuario/a e escolledes a opción do menú da esquerda que pon "nova solicitude devolución"). O prazo para solicitar esta devolución dos cartos remata o 31 de agosto.
?
Se alguén xa tivera solicitado a devolución na aplicación web, pero preferise a opción do abono de compensación, pode cancelar a solicitude dende a súa conta de usuario.
#eusonmuveresponsable #universidadedevigo